Word cloud made with WordItOut
Benvidas e benvidos:
Aprendermos todos e todas pode ser a única proposta válida.
Aprendermos todos e todas pode ser a única proposta válida.
23 de novembro de 2011
Que é Galicia?-3
Do guión televisivo de 1988, só o correspondente ao P, que tamén é inicial de Pereiro, de Lois.
Word cloud made with WordItOut
Word cloud made with WordItOut
16 de novembro de 2011
7 de novembro de 2011
Educación e novas tecnoloxías
Todos os avances tecnolóxicos acaban, en maior ou menor medida, modificando a forma en que ensinamos. Os plans de estudos contemplan a formación do profesorado no uso dos novos medios. Sen embargo, os uso das TIC en si mesmo pode non supor ningún tipo de mellora pedagóxica.
Un dicionario, por exemplo, pódese consultar en papel ou na rede. Na versión dixital, temos antes o significado, pero este feito en si mesmo non modifica a función que ao uso do dicionario lle damos.
Supoñamos que imos buscar papamoscas. Tecleamos o nome, unha vez aberto o dicionario desde a barra de ferramentas e, -téndomos que pór o significado- despois de copiarmos a definición, pegámola no noso arquivo (ou escribímola no caderno).
Non obstante, o que importa en realidade é como o alumno aprende a definir, sabendo que o significado propiamente dito é só un elemento, importante, desa aprendizaxe. O que a nós nos interesa é o proceso de elaboración desa definición.
FINALMENTE, dado que a tarefa esixe facer referencia a fontes consultadas, faremos unha reflexión central: ¿de que forma, en que tempo, con que ánimo nos disposmos os inmigrantes dixitais a combinar o cambio a unha ensinanza por competencias, -que dito sexa de paso é o eterno reto da nosa educación- coa educación a través das TIC? Isto é: ¿como combinamos a necesaria innovación pedagóxica co uso das TIC?
Nun blog de 20051 -dese anto é a entrada (única)-, surxen as dúbidas sobre como o profesorado está en condicións de se adaptar as novas esixencias: “Requiere un gran esfuerzo de cada profesor implicado y un trabajo importante de planificación y coordinación del equipo de profesores. Aunque es un trabajo muy motivador, surgen tareas por doquier, tales como la preparación de materiales adecuados para el alumno, porque no suele haber textos ni productos educativos adecuados para este tipo de enseñanzas.”
Hai xusto un mes, unha entrada do blog de Domingo Méndez2, recolle outra doutro blog (este do profesor Manuel Area) que dá conta dos resultados da Encuesta a profesores sobre el programa Escuela 2.0. Os datos confirman que non só se trata de usar as TIC, senón de innovar a través delas: “Se usan las TIC pero poca innovación pedagógica, es decir se repite el modelo pedagógico con TIC que sin TIC.”
Da web de Pere Marques3 só recollo a terceira razón de ¿por que temos que integrar as tic na educación?:
30 de outubro de 2011
Imaxe
Baixada do Sil en 1987 (ou 86?) á altura da Cividade. Non quedaban máis de 30 metros de auga, de lodo.
Pero tamén se pode engadir outra, do 2010, en Porta Brosmos. Os restos son os da casa do Meixide.
Pero tamén se pode engadir outra, do 2010, en Porta Brosmos. Os restos son os da casa do Meixide.
15 de outubro de 2011
Presentación
A tarefa é a creación dun blog. A intención é facermos del un blog de aula de LGL de ESO 1C do IES Río Cabe de Monforte de Lemos. A medida que vaiamos aprendendo cousas e vendo posibilidades concretaremos os contidos.
Subscrever:
Mensagens (Atom)